Thursday 02 de May de 2024

Arranca a obra para dotar de beirarrúas no acceso á praia de Coroso e mellorar o aparcamento á altura do cámping


Supón un investimento de preto de 50.000 euros

O Concello de Riveira informa dunha nova actuación dirixida a incrementar a seguridade no acceso á praia de Coroso na contorna do camping e máis para mellorar o seu aparcamento.

A empresa encargada de realizar esta actuación é Vías y Servicios Generales, S.L., e o orzamento de 49.378 euros. A actuación está subvencionada por Turismo da Xunta a través de fondos Feader.

A obra ten por obxecto ampliar o ancho da calzada para que os vehículos poidan circular en ambos sentidos con suficiente espazo (actualmente conta cun ancho de 3 metros), ademais de colocar novas beirarrúas que permitan aos peóns camiñar sen risco. Tamén se prevé a redistribución das prazas do aparcamento para que están dispostas dun xeito máis eficaz.

Tamén se están facendo labores de desbroce dos sobreanchos.

O prazo de execución son dous meses.